|
E cando quixen axitar as miñas ás xa non había choiva
E cando quixen axitar as miñas ás
xa non había choiva... É só ver unha
gota e o NON-silencio da súa caída se me atravesa na gorxa. Sí,
todavía sinto esa congoxa ante a auga. Para mín a choiva está maldita
porque te arrincou de mín, miña pequena. ¡Ese condenado diluvio!
Recórdoo coma se fose onte, coma se o tempo todavía tivese unha
brutal influencia sobre min e esas diminutas manecillas puideran ir
dentro da miña cabeza de adiante a atrás e de atrás a adiante ó seu libre
antollo.
Síntoo tanto... Xúroche que cando quixen desplegar as miñas ás sobre ti xa
non había choiva, xa non había nada do que protexerte.
¡Sucedeu tan rápido e tan despacio á vez! Todo daba voltas á
velocidade vertixinosa do vento e a lentitude da brisa. Notaba as náuseas
aproximarse e non podía evitar que toda a miña dor quixese saír con elas.
¡ A miña pequena!
Os paraugas eran unha confusión que orbitaba polo aire e eu tratei a
toda costa de sumarme a esa masa de xente exactamente igual pero non
puiden, non puiden e a auga comezou a escurrírseme polo corpo. Ata
cheguei a crer que eu tamén me faría de auga, que me transformaría nese
líquido acuoso sen luz nin cor.
Baixo os soportais de pedra acoplei os teus movementos como puiden ó
meu sentir, ó meu notar, pero xa non era quén de controlarte, de controlar
os feitos e a pesar das veces que gritei pedindo axuda ninguén pareceu
querer oír os meus lamentos.
Cando te escurriches entre as miñas pernas sen chorar, sen xemir, coa
choiva azotándote na cara quixen morir eu por ti, quixen arrancarme a vida
a tiras para envolverte nela, quixen axitar as miñas ás de nai para facerte
resucitar pero non puiden. A chuvia afogábate, marchitábate, facíate
perder o olor, o son, a vida.
¡Odio á maldita choiva! É só ver unha gota e o NON-silencio da súa
caída se me atravesa na gorxa.
|