comezo

descarga

galeria

contacto
encóntraste en:fiestras > andar21
buscador:
Contra a ubicación da planta de regasificación
Convocatoria do colectivo Mar de Tinta para o sábado 2 de outubro en Ferrol

A inmensa maioría da poboación de Ferrol manifestou en diferentes ocasións, e seguen a expresar, a súa absoluta repulsa pola u

A inmensa maioría da poboación de Ferrol manifestou en diferentes ocasións, e seguen a expresar, a súa absoluta repulsa pola ubicaciòn actual da Planta de regasificación na Punta Promontoiro de Mugardos.

A través de mobilizacións cidadás e de preitos nas instancias pertinentes estase a insistir en que a ubicación desa planta non cumpre os requisitos mínimos esixibles a unha instalación destas características. Excepto en Burundi e en Galicia, a tendencia en todo o mundo é afastalos dos núcleos de poboación.

 

Tanto o Comité cidadán de emerxencia, como Adega, como o resto de colectivos significados en defensa da ría, levan tempo presentando informes e documentos de todo tipo que denuncian os riscos deste tipo de instalación, o incumprimento das recomendacións básicas de seguridade, as consecuencias de impacto ambiental que supón tanto a propia instalación, como un previsible accidente na planta ou nas múltiples manobras de barcos en espacios reducidos.

 

Hoxe dende aquí insistimos no: Desprezo polas demandas dos cidadáns. Como todos sabemos e comprobamos recentemente, van ter o seu custo político. Existencia real de alternativas, sen necesidade de afastarse da comarca, ben sexa no litoral exterior ou en mar aberto do golfo Ártabro. Comezar a debater o custo brutal que vai implicar o traslado cando se plantexe, ben porque os poderes públicos asumen as demandas cidadáns; ben por sentencia xudicial; ou como consecuencia dun accidente non desexable.

 

Nos últimos 25 anos recheáronse máis de 100 hectáreas na ría de Ferrol, equivalente a dúas veces o barrio da Madalena. Todo este espacio ameaza con pasar a mans privadas a cambio de nada. Neses mesmos 25 anos aumentou en 10.000 o nº de parados na comarca, é dicir, un novo parado por cada 100 m2 de recheo. O argumento dos postos de traballo semella unha broma pesada, e se nos poñen os pelos de punta cada vez que vemos avanzar un camión con escombro cara á ría.

 

Por último, hai so tres prazas en Europa que teñen unhas características singulares comúns, a saber, entornos de singular valor arquitectónico cun lado aberto ó mar, falamos de: Pza. de San Marcos en Venecia; Pza. do Comercio en Lisboa e a Pza. do Cuartel de Instrucción en Ferrol que forma parte dun conxunto que opta a ser  Patrimonio da Humanidade. A planta de gas sería un obstáculo insalvable para esa candidatura. Se non o remediamos, cando algún día ese espacio se abra para uso e disfrute dos cidadáns, ó mirar o mar só veremos os depósitos ameazadores de Reganosa.

 

Para facer patente a nosa repulsa sobre a ubicación da planta de gas en Mugardos, MAR DE TINTA convoca a tódolos cidadáns de Ferrolterra a un acto público que terá lugar o sábado 2 de outubro ás 11 horas en Ferrol, con saída do peirao en embarcacións pola ría, e lectura dun comunicado ó regreso, que será ás 12.30 horas aproximadamente.

 

Asimesmo, ás 7 da tarde, se o tempo acompaña, na PRAZA DE AMBOAXE, e no caso de que chovese no ATENEO FERROLÁN, terá lugar unha lectura de textos por parte do colectivo Mar de Tinta e de todas aquelas persoas que desexen participar aportando ideas propias ou alleas, sobre os grandes temas de actualidade do noso país.

 


 
andar21 en Mar de tinta
outros artigos/novas
Para que nunca máis: Mar de Tinta
Clientelismo VS. democracia. O colectivo Mar de Tinta promove esta iniciativa e solicita o voso apoio e aportacións para darlle continuidade ao traballo común destes últimos anos.
 enviar por e-mail   imprimir

9 anos verso a verso


seccións
 andar21 
 >> verso a verso ! 
 >> poesía galega 
 >> poesía internacional 
 >> documenta poética 
 colaborar 
 subscribir 
 links 
  Eu non te espero 
 noso site irmao 
identificación do usuario
axuda subscrición
nota legal
os máis descargados
1 Poemas distópicos: Alfonso Rodríguez (andar21_alfonso_rodriguez_distopicos.pdf - 5,77 MB - 10094 descargas )
2 Cancioneiro de Upsala (Salomao_Rovedo_Org_Cancioneiro de Upsala.pdf - 434 KB - 9941 descargas )
3 Infamélica: Rolando Revagliatti (revagliatti_infamelica,0.pdf - - 9936 descargas )
4 A Revoluçom azul (2001-2009): Roi Ferreiro (rferreiro_arevoluzom azul.pdf - - 9857 descargas )
5 A porta verde do sétimo andar (aportaverde_livro,0.pdf - 5,60 Mb - 9788 descargas )
ir ó área de descarga